|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
olimpiada española
de bioloxía
Fase
Autonómica - C.A de Galiza
C/Ginebra 3. Edificio Peñarredonda. 15170- A Coruña
Entregados os diplomas da fase autonómica da Olimpíada Española de Bioloxía
Os tres rapaces representarán a Galicia na fase nacional, que se celebrará en Valencia en marzo de 2010. Á Olimpíada concorreron 75 estudantes de toda a comunidade galega. As universidades galegas ofrecen aos premiados unha axuda en material informático. O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou en A Coruña a Fase Autonómica Galega da V Olimpíada de Bioloxía, na que entregou os diplomas acreditativos aos tres gañadores do certame, que representarán a Galicia na Fase Nacional que se celebrará en Valencia entre o 25 e o 28 de marzo de 2010. Os premiados foron Jose Manuel de María Prieto e Carlos Rodríguez Sáez, ambos alumnos do CPR Marista Cristo Rey, de A Coruña; e Xarxa Quiroga Álvarez, do IES Virxe dos Ollos Grandes, de Lugo.
No transcurso do acto Vázquez Abad mostrou a súa satisfacción ao comprobar a calidade do sistema educativo galego, que permite que os nosos estudantes compitan ao máis alto nivel cos do resto do Estado, e incluso estean presentes na disputa internacional. Destacando a alta participación nesta olimpíada, á que concorreron 75 estudantes, o conselleiro de Educación animou aos gañadores e ao alumnado galego a seguir traballando con tesón no estudo, co fin de acadar a excelencia que dea pulo á sociedade galega do futuro. Ao dirixirse aos participantes o conselleiro dixo que “os gañadores serdes unha digna representación de Galicia e acadaredes un bo posto na fase final”, e ao conxunto dos participantes aseguroulles que “todos levades traballando arreo para ser acredores desta distinción, polo que merecedes a testemuña do noso recoñecemento polo esforzo realizado. Esta Olimpíada é un estímulo para o estudo e a investigación, ao tempo que este tipo de celebración permitirá que vos relacionades con máis persoas da vosa idade e con intereses comúns aos vosos pero de culturas moi diferentes”.
Paso á fase nacional
Durante as probas, nas que participaron 75 estudantes de 2º de Bacharelato, se desenvolveron ao longo da xornada de hoxe na Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña (UDC). Os concursantes tiveron que resolver unha proba teórica tipo test, e outra de carácter práctico cos contidos de Bioloxía da ESO, de 1º e 2º de Bacharelato; ambas referidas ao programa oficial. Para responder as cuestións plantexadas, os alumnos e alumnas só tiveron permitido o uso de útiles de debuxo e escritura, en ningún caso o de calculadoras, libros, táboas ou outros documentos distintos aos que proporcionara o tribunal.
Foi un tribunal delegado da Olimpíada Española de Biología (OEB) quen cualificou os exercicios e propuxo os nomes dos galardoados, que recibiron como premio a oportunidade de representar a Galicia no certame nacional que se vai celebrar en Valencia, así como a estancia na cidade durante os días das probas. Ademais, cada unha das tres universidades galegas conceden aos gañadores autonómicos ou estatais unha axuda en material informático por matricularse en calquera das súas facultades.
Os gañadores da Primeira Fase das comunidades autónomas, tiveron que resolver probas teóricas sobre contidos de Bioloxía incluídos nos programas de Bioloxía de 1º e de 2º de Bacharelato. Os tres seleccionados representarán a Galicia na Fase Nacional en marzo na cidade de Valencia. Alí os 4 primeiros alumnos formarán parte do Equipo Olímpico de España na XXI Fase Internacional de Corea, que se vai disputar na segunda semana de xullo de 2010, en Valencia. Os 4 seguintes serán os representantes de España na IV Iberoamericana, que se celebrará en Perú en setembro de 2010.
No acto estiveron presentes os tres decanos das Facultades de Bioloxía de Galicia: Horaico Naveiras, de A Coruña; Jaime Gómez Márquez, de Santiago de Compostela e Pedro Pablo Gallego de Vigo. Tamén asistiu a presidenta do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Mercedes Casal, a inspectora de Bioloxía, Berta Estrada; a directora do grupo de traballo de Bioloxía para a selectividade, María Ángeles Bernal. Xunta a eles o delegado en Galicia e vocal nacional da Organización da Olimpíada, Pedro Nozal.
La
Asociación Olimpiada de Bioloxía (OEB) convocó a
V Olimpiada de Bioloxía da Fase Autonómica Galega baixo
o patrocinio de:
- O
Colexio de Biólogos de Galicia
- A
Facultade de Ciencias da UDC
- A
Facultade de Bioloxía da USC
- A
Facultade de Bioloxía da UVI
- A
Directora do Grupo de Traballo de Bioloxía da Selectividade (CIUG)
- A
Inspección de Educación da Xunta de Galicia
pedro.nozal@olimpiadadebiologia.edu.es
Noticia
de la celebración de la Olimpiada y ganadores
Noticia
TV-galega 2008
Cartel
2007
|
|